Cando buscas explicacións ao motivo que te levou a iniciar un camiño, atópaste a ti mesmo.

A comezos do século pasado, o noso avó José entendía a viticultura como o fai o artesán coas súas obras ou o artista coas súas creacións. A súa pegada quedou gravada na nosa lembranza, o mesmo que a do avó Paco, un adiantado ao seu tempo que conseguiu transmitirnos con mestría a súa paixón polo viño.

IDENTIDADE

Cando a avoa Teresa nos pasou a testemuña e nos animou a continuar co legado familiar, comprendemos que era o momento de poñer en práctica toda unha forma de ver a vida, de entender a natureza, e de facer as cousas baixo o criterio da sostibilidade.

VITICULTURA
REFLEXIVA

Baion

VAL DO SALNÉS
GALICIA

O tempo e a reflexión tenden a dotar de maior significado a todas as vivencias da infancia, a cada unha das palabras que seguen vivas no recordo.

Estamos ubicados no val prodixio da Denominación de Orixe Rías Baixas, a un
suspiro da ría de Arousa e da inmensidade do Océano Atlántico.

A BUSCA

Perseguir a excelencia quizais sexa unha quimera, pero axuda a seguir en cada momento a senda da coherencia e fidelidade a un mesmo.

VIÑOS DE PARAXES
CON PASADO E FUTURO

No ano 2003 iniciamos a construción da nova adega sobre a centenaria casa familiar. Dende aquel intre traballamos sen pausa en potenciar os viñedos herdados de máis de 25 anos de vida e identificar os mellores terreos da DO. Rías Baixas onde cultivar o noso futuro.

Davide logo

Qué sería da vida sen soños, sen aspiracións sensatas, sen enfrentarse a cada día como se fose o derradeiro.
Vivimos na viña, crecemos con ela, sufrimos conxuntamente. Merece a pena.

Vitivinicultor Enologo Davide

Edición limitada.


Variedade: Albariño.
D.O. Rías Baixas.
Subzona: Val do Salnés.

Davide
Davide
Observador logo

Deterse ante a viña e o seu silencio emociónanos.
Escoitala, entendela, respetala.
O acto de tomar decisións é indubidablemente máxico.

Edición limitada.
3.337 botellas.


Coupage: Albariño e Godello.
D.O. Rías Baixas.
Subzona: Val do Salnés

Observador
Observador
Perfeccionista logo

Madurez para algúns, sentido común para outros. É cuestión de tempo. As imperfecciones diferéncianos, fannos sentir únicos. Ver máis aló do superficial permítenos crecer, mirar con profundidade fainos grandes.
É simple e complexo.

Perfeccionista

Perfeccionista. Finca Ofelia.


Edición limitada.
697 botellas.


Variedade: Godello.
Fermentado en barrica.
Crianza: 6 meses.
D.O. Rías Baixas.
Subzona: Val do Salnés

Perfeccionista
Perfeccionista